Asejún conta Pedro Cáceres no xornal El Mundo de Madrid:
Se aljén se prejuntou qué pasa co clima pra que Moscú arda a 40 jrados, o sur de Asia esté asulajado pola ajua, en España non poidamos case respirar e en Australia teñan a maior sequía da sua historia ten motivos pra facelo. Istes extremos tamén asombran os meteorólojos.
A Orjanización Meteorolóxica Mundial, un orjanismo oficial formado polas axencias nacionais, fixo pública unha nota na que asejura que estamos vivindo unha secuencia sen precedentes de feitos meteorolóxicos extremos. De feito, no que vai de ano houbo récords de temperaturas máximas en 17 países do mundo.
A mais disto unha ringleira doutras situacions extremas, coma sequía e os lumes en Austria e un número récord de días de alta temperatura no leste de Estados Unidos. Desque se controlan as temperaturas, fai 130 años, Moscú nunca as tivera nin tan altas nin tanto tiempo.
As chuviadas fixeron co río Indo, no norte de Pakistán, chejara o nivel máis alto coñecido dende 1929, cando comezaron a medir o seu caudal.
O 5 d’Ajosto deste ano, o sensor MODIS do satélite Aqua da NASA detectaba o desprendimento dun iceberg de 260 kilómetros cuadrados da superficie do jlaciar Petermann no norte de Jroenlancia. Nunca se vira outro tan jrande.
Sempre houbo eventos extremos, pero tantos tan xuntos e tan fortes nunca se deron. Por iso, convocouse pro fin de Setembro unha xuntanza internacional en París sobre Eventos Climáticos Extremos. Pretenden crear metodoloxías e redes internacionais pra afrontar a prevención de desastres que poidan ser máis comuns no futuro.
O certo é que despois do conto da “jripe A” estamos mui pouco propensos a darlle creto os que anuncian o cambio climático dándolle muito bombo os feitos do clima. Porque pode haber un jran nejocio detrás, como tamén había nejocio no da “jripe A”.
¿E se é certo? ¿E se estamos tomando a lixeira aljo mui, pero mui, serio? Pois tamén é posible; e pode pasar coma no conto do lobo e as ovellas, que despois de muitas veces decindo que viña o lobo non sendo certo, cando verdadeiramente veu o lobo xa ninguén fixo caso.